Xa teñen a Champions


O pasado domingo, Fernando Alonso corría en Cataluña, máis concretamente no circuito de Monmelo;, este,conseguiu aquí a súa terceira vitoria desta temporada, destacando como o bo piloto que é. E, como non, destacando entre todos os demais pilotos, incluído o mítico Michael Schumacher, que non tivo o ritmo suficiente para estar cerca de Alonso,quen saiu dende a pole co seu compañeiro Fisichella detrás e, no terceiro posto o piloto Alemán. A saída foi decisiva e axudou moito a Alonso que dende aquela non deixou oportunidade a que algún piloto o puidera alcanzar por moito que o intentase, con tempos incribles, Alonso, non defraudou a afección que se trasladara ata Cataluña a velo.Xa temos Campión do mundo e por moito tempo.

| Por que tanta violencia?A onde imos a parar con esta sociedade de hoxe en día?Moitas veces pregúntome como somos tan capaces de usar a violencia para todos os ámbitos da nosa vida.Acábase de celebrar un partido ou algo, facemos festa pero sempre a de acabar con algún altercado, que se hai algún mendigo e o que se fai é atacalo e non deixalo tranquilo. Sinceramente non sei a onde imos a parar e como vai a acabar esta nova sociedade que nós mesmos estamos creando.Só digo esto para que nos paremos a pensar un pouco sobre o que podemos facer para acabar con isto xa. |
O 17 de Maio clébrase o Día das Letras Galegas e nós convidámosvos a que o celebredes con gran alegría, posto que é un día non só para recordar aos autores máis importantes da nosa historia, senón que tamén é para recordar que temos unha gran lingua e que non a podemos perder.Fálaa porque somos GALEGOS!!!!!!! |
Droga procede da palabra grega “Pharmakon”. É unha substancia que comprende á vez o remedio e o veleno;nin unha cousa nin a outra, senón as dúas á vez.
Pero quizais máis decisivo sexa ter presente que o feito de ser nociva ou benéfica depende exclusivamente en cada caso determinado de: dose, ocasión para a que se emprega, pureza, condicións de acceso a ese produto e pautas culturais de uso.
Agora imos falar da composición de algunhas drogas das máis coñecidas.
Éxtase: tamén chamado MDMA.O seu ancestro vexetal son aceites volátiles contidos na noz moscada e nas sementes do cálamo, azafrán, perexil, eneldo e vainilla.O procedemento máis sinxelo para obter MDMA é tratar safrol(ingrediente do aceite de sasafrás)con amoníaco en forma gasosa.
Marihuana:está formada por un principio psicoactivo chamado tetrahidrocannabinol ou THC. Derivado do cannabis igual que o haxís.
Haxís: elabórase a partir da resina almacenada nas flores da planta femia do cannabis prensada ata formar unha pasta compacta e de cor marrón. A súa concentración de THC é superior á da marihuana polo que a súa toxicidade potencial é maior.
Cocaína:está feita das follas da coca, sometidas a diversos procesos de elaboración química que dan lugar a distintos derivados como clorhidrato de cocaína ,que é a principal forma de consumo en Europa ou sulfato de cocaína que se fuma mesturada co tabaco ou marihuana.
Crack:está feita das follas da coca que pasa por un proceso químico, e é a chamada cocaína base, fúmase mesturada co tabaco.
Anfetaminas:son a mestura das drogas de síntese(éxtase, EVA, píldora do amor...)
Alucinóxenos:a maioría das drogas desta familia proceden dos fungos cultivados en países africanos ou latinoamericanos,como é o caso do ” Pellote mexicano” ,do que se extrae a mezcalina.
LSD:coñecido no argot da rúa como ácido ou tripa, do inglés trip:viaxe
Heroína:.coñecida como cabalo, elabórase do opio.
Alcohol:as bebidas alcohólicas pódense clasificar basicamente en función do seu proceso de elaboración:
Bebidas fermentadas: proceden da fermentación dos azucres contidos en diferentes froitas(uvas,mazás...etc). Son características deste grupo a cervexa.e o viño.
Bebidas destiladas:resultan da depuración de bebidas fermentadas para obter maiores concentracións de alcohol.
Tabaco: a forma máis estendida do tabaco é o cigarro, en cuxo fume identificáronse ó redor de 4000 compoñentes tóxicos, dentro dos cales os máis importantes son:a nicotina, alcatráns, irritantes e monóxido de carbono.

Cando eu vos era xoven para loitar co lobo, ou co porco bravo, ou para unha liortada nunha romaría, non había cousa mellor cá navalla.
O que apañaba na cabeza un sachoazo ben dado, escusaba agardar polo segundo, e xa podía pedir a extremaunción. Un sacho de dous gallos, de boa tempra, e ben mangado, era unha gran cousa para brincar nunha gabia, ou nun regato, e ao mesmo para, tentar o camiño nas noites escuras, ou para botar ao peitoril dunha fiestra é agatuñar despois polo mango encresto para entrar no cuarto dunha moza e ir botar a noite con ela. Eu, tiven un que relucía coma se fora de prata.
Agora que por iso…a navalla, para quen a saiba empregar ben, é a mellor defensa que pode ter un home.Porque a navalla évos un vaite para aló, e máis un vente para acó” porque o chuzo que ten no remate da punta de enriba, val para arrecadalo cando conveña.
O día que estreei a miña, foi un primeiro de Santos. Lémbrome coma se fora neste mesmo momento.
Eu… ben sabe Deus que non quería lío, para cando o vin vir de cara a min, un veciño meu todo cuberto de sangue, e sen folgo, e lle sentín dicir cunha voz que cortaba a calquera.
¡ Ai, Manuel, aí están os de Ezkerro, mallando en nós coma en centeo verde. Teu irmán Antonio tamén esta aló… ¡Se non vés decontado a botar unha man, non queda hoxe penadura que o poida contar!
¡Vaia se botei unha man!. Os do meu tempo, que aínda viven na parroquia, poden testemuñalo. Foi unha cousa non vista ata aquel día. Pero… ¡que volo conten eles, pois se o fago eu, coidaredes que o digo por me gabar!
Cando se rematou aquela estacada, e cheguei á casa, era xa noite pecha. Eu quixen entrar na cociña, sen que me sentiran, para agachar a navalla debaixo da artesa; pero meu pai, que no ceo estea, percatouse de seguida do que me propoñía a facer, e dixo, ollando para min, de fito en fito, e poñéndome unha cara que me fixo tremer de pés a cabeza.
¡¡¡Manuel ti fixeches algo!!!.
Non señor, non fixen nada respondinlle, sen erguer os ollos da terra; porque eu a meu pai sempre lle tiven moito respecto.
¡ Non mintas Manuel. Fixeches tal volveu a dicir meu pai, traspasándome coa mirada. Ti mataches un home, cóntame a verdade.
Non, eu, non matei un home, matei tres.
Xa o sabía, dixo el botando unha risada; pero tamén sei que foi por defender aos amigos, e máis para salvar aos veciños. E sendo así, ben mortos están…Non teñas medo, que no cárcere non has de poñer os pés. O xuíz e máis o médico xa están mercados. Custar… custoume dous mil reás, pero… os cartos son para gastar cando chegan as ocasións.
Ao subir pola escaleira do salón, sentinlle rosmar polo baixo. ¡ Es do meu sangue, carallo ! Non o podes negar!.
| Ola a todas/os!!!!Gustaríanos falarvos dunha nova actividade cultural que se está a desenvolver no concello de Arzúa.Esta actividade consiste en que ti tes que escribir a palabra que a ti che pareza máis fermosa da nosa lingua,explicar o porqué, e logo botala a un buzón que se encontra no concello,xunto cos teus datos persoais. Na nosa opinión,cremos que esta actividade está moi ben porque nos axuda a coñecer mellor á nosa lingua. Cremos que este tipo de actividades se deberían facer máis veces e en máis concellos. |