viernes, enero 13, 2006

Canción rap

Este texto que vamos a incluír agora mesmo, é unha canción rap sobre a historia do galego.Aí vos vai!!!!

O galego, a miña lingua,
ninguén ma vai cambiar,
con palabras dos romanos,
celtas, árabes...
A miña lingua naceu coa evolución do latín,
e pouco a pouco
fóronse escribindo textos,
ata introducirse na nosa sociedadee.
Con el escribiuse poesía relixiosa,
prosa literaria...
Á igrexa costoulle aceptala,
pero no lle quedou outro remedio.
Veu o esplendor do galego pero logo,
chegaron os Séculos Escuros,
no que o galego era unha lingua marxinal.
Chegaron os grandes escritores
Rosalía, Curros e Pondal
que grazas a eles
a nosa lingua foi prosperando.
Creouse a Real Academia,
As Irmandades da Fala, a Xeración Nós,
e por último o Seminario dos Estudos Galegos.
Chegou a Guerra Civil e volveu a rercaer
pero logo todo volveu á normalidade,
ata introducirse na Universidade.

1 Comentarios:

Blogger aldaia dixo...

ESTÁ MOI BEN O RAP!!!!MOI ORIXINAL

4:53 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Inicio