domingo, enero 15, 2006

Cerca do 40% dos alumnos da ESO recoñecen que abusan do alcohol

O 40% dos alumnos da ESO consumen alcohol mensualmente e outra porcentaxe prácticamente igual recoñece haber abusado deste tipo de bebidas no último ano. Istos son algúns dos datos do primeiro estudo sobre o botellón realizado en Galicia.

O abastecemento efectúase principalmente en tendas de barrio que permanecen abertas fóra do horario habitual e en pequenos supermercados. A investigación puxo en manifesto, por parte dos máis xóvenes dos participantes nos botellóns, que son numerosos os establecementos que non piden carné a hora de despachar bebidas alcohólicas.

O papel que xoga o botellón e distinto según a idade dos participantes. Para os maiores parece ser un paso previo, unha forma de preparación de colle -lo punto, para a seguite escala no pub ou na discoteca. Nestes casos o alcohol actúa como un facilitador das relacións sociais e un favorecedor da conexión co grupo.

Os máis xoves pasan menos tempo no botellón, pero gastan máis diñeiro. Na franxa de idade que corresponde aos alumnos da ESO, os grupos son máis numerosos. Para eles, esta práctica social representa o principal contexto da marcha, polo que, resulta especialmente perigoso. Dedican a ela a maior parte dos seus recursos, xa que non poden acceder a pubs e discotecas.

De acordo cos datos dados, máis do 30% dos estudantes da ESO recoñecen ter asistido a un botellón no último mes. Parece que non cabe duda de que os asistentes a este tipo de “reunións” consumen mais alcohol e abusan mais del que os seus compañeiros que o inxiren con regularidade pero non acoden a botellóns.

No estudo asegúrase que quen máis practican os botellóns son os que conceden máis importancia a desinhibirse para considerar que rentavilizaron o seu tempo de ocio. Entre eles están os que interveñen en máis actos de vandalismo urbano e os que teñen máis amigos con problemas de consumo de drogas.
Igualmente, é neste grupo no que é máis frecuente a percepción dos pais como menos afectuosos, sobreprotectores e califican as súas relacións como máis conflitivas.