MINISTRO BONO A TODAS AS UNIDADES: UTILICEN EXCLUSIVAMENTE O ESPAÑOL
Ministerio da Defensa ordena aos militares o uso exclusivo do español «en todos os actos, actividades e relacións de servicio» Coincidindo con máis dun capítulo na polémica sobre a posible aprobación dun novo Estatuto de Autonomía para o Principat de Catalunña, as declaracións do tenente-xeneral Mena Aguado sitúase a obligación de coñecer as «linguas particulares» como «aspiración desmesurada» parece ter aberto un novo fronte de batalla contra o chamado Estatut.En concreto, algúns medios políticos e mediáticos reivindican a exclusiva para o español cando a obligación do coñemento das linguas oficiais no Estado español, riscando de «volta ás cavernas» tal posibilidade cando aplicada ao catalán, vasco ou galego. Só así se explica a orden estricta transmitida polo Ministério de Defensa «a todas as unidades e cuartéis», para a utilización exclusiva do español «en todos os actos, actividades e relacións de servicio», dentro do que chama «territorio nacional». A norma foi recollida expresamente nunha carta asinada polo subsecretario do Ministerio de Defensa, Justo Zambrana, e foi dirixida na pasada cuarta-feira ao xefe do Estado Maior de Defensa, o xeneral Félix Sanz Roldán. O escrito é a resposta formal do citado Ministério à consulta anteriormente realizada polo referido xeneral, en que mostraba a sua preocupación pola posibilidade de que os militares acabaran por ter que «coñecer e utilizar» o catalán trala aprobación do novo Estatuto. A ministra establece, de maneira breve, que «a comprensión inmediata das ordees e a transmisión rápida e clara das informacións son elementos esenciais para a eficacia nos traballos e operacións militares. De aí que o uso de unha soa lingua nos Exércitos de España sexa un instrumento de insubstituíble valor para o funcionamento homoxéneo, uniforme e unívoco das unidades militares, calquera que fora a localización xeográfica delas dentro do território nacional». O escrito oficial acrecenta que o criterio en vigor sobre o uso da lingua oficial no ámbito dos Exércitos e da Armada é que en todos os actos, actividades e relacións de servicio será utilizado sempre o castelán. Diversos medios de comunicación afirmarón que o tal documento conta co apoio apenas do ministro español de Defensa, José Bono, como tamén do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero.
Se esta lei se aprobara, queridísimos lectores, a onde chegariamos ? que quere o señor Jose Bono ? Eu direivos o que quere, quere devolvernos á época do señor Francisco Franco Bahamonde, onde a nós os galegos e galegas se nos prohibía falar a nosa lingua, ó igual que ós vascos e ós cataláns pero cunha diferenza, neste modernísimo sistema, si se falaría o catalán, xa que a España de hoxe, é mais catalana que española.

2 Comentarios:
ESTA MOI BEN ESO DE COPIAR E PEGARN CREO QUE DEBERIAS SACAR UN 10 NA MEDIA XA QUE SIN DÚBIDA É O TEU.FELICIDADES
Gracias polo teu comentario, espero sacar ese 10 que dis, xa que según ti mecezomo non?por certo, espero que este comentario non o deixaras solo neste blog, poque senon estarías equivocandote.
Publicar un comentario en la entrada
<< Inicio