miércoles, abril 12, 2006

AS NOVAS ACTIVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO

Ola a todas/os!!!!Gustaríanos falarvos dunha nova actividade cultural que se está a desenvolver no concello de Arzúa.Esta actividade consiste en que ti tes que escribir a palabra que a ti che pareza máis fermosa da nosa lingua,explicar o porqué, e logo botala a un buzón que se encontra no concello,xunto cos teus datos persoais. Na nosa opinión,cremos que esta actividade está moi ben porque nos axuda a coñecer mellor á nosa lingua. Cremos que este tipo de actividades se deberían facer máis veces e en máis concellos.