martes, mayo 16, 2006

A ONDE IMOS A PARAR?


Por que tanta violencia?A onde imos a parar con esta sociedade de hoxe en día?Moitas veces pregúntome como somos tan capaces de usar a violencia para todos os ámbitos da nosa vida.Acábase de celebrar un partido ou algo, facemos festa pero sempre a de acabar con algún altercado, que se hai algún mendigo e o que se fai é atacalo e non deixalo tranquilo. Sinceramente non sei a onde imos a parar e como vai a acabar esta nova sociedade que nós mesmos estamos creando.Só digo esto para que nos paremos a pensar un pouco sobre o que podemos facer para acabar con isto xa.